Concello da Estrada

Novas

Unidade Móbil - Doazón Sangue

O xoves 20 de xullo das 16:00 ás 21:00 horas e o venres 21 de xullo das 09:30 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas na Praza do Concello.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental.

No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

Scroll ao inicio
Skip to content