Concello da Estrada

Sesións formativas en Banca Dixital e renting de coches

A Concellería de Novas Tecnoloxias, a través da súa aula CeMIT, organiza  unhas sesións de formación en banca dixital, en colaboración coa Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) e impulsadas pola Amtega. Esta iniciativa está orientada especialmente á persoas maiores, co obxectivo de facilitarlles o acceso e o uso da banca online, respondendo así ao crecente interese da cidadanía nesta materia.
 
As sesións serán de carácter presencial e terán lugar no Edificio de Usos Múltiples. Cada formación durará 60 minutos, e nelas ofrecerase unha guía detallada para utilizar diversas ferramentas dixitais bancarias. Abordaranse temas de grande utilidade, como o uso de aplicacións móbiles para xestionar as finanzas ou novas formas de comunicarse eficientemente coas entidades bancarias.
 
O calendario de actividades é o seguinte:
 
• Martes 24 de setembro, de 17:00 a 18:00 horas: Interactúa co teu banco mediante a Intelixencia Artificial.
 
• Jueves 10 de outubro, de 10:30 a 11:30 horas: Renting de coches e outros servizos que che ofrece a banca online.
 
 
As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse presencialmente nas oficinas de aestradadixital, situadas na planta baixa do Edificio de Usos Múltiples, na avenida Benito Vigo n.º 94, en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.
 
Esta iniciativa pretende achegar o mundo da banca dixital ás persoas maiores, dotándoas das ferramentas necesarias para facer fronte aos novos retos tecnolóxicos.
 
 
 
 
 

Scroll ao inicio
Skip to content