Concello da Estrada

Programación semanal - Teatro Principal

Gala do Deporte da Estrada o martes 19 de decembro ás 20:00 horas no Teatro Principal.

 

 

Concerto de Nadal da Escola da Banda o mércores 20 de decembro no Teatro Principal ás 19:00h.

 

 

Concerto de Nadal – Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso

DÍA: venres 22 de decembro

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal da Estrada

XÉNERO: jazz, funk, soul

CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS

DURACIÓN: 80 min

ENTRADA: De balde (recollida de convites no Dpto. Cultura do Concello da Estrada)

SINOPSE: Como xa é habitual, os membros do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso despiden o ano cunha selección de pezas extraídas do repertorio clásico do jazz fusion, gospel, funk e soul. Un concerto que interpretará unha representación de alumnos do colectivo dirixido por Rubén Servide.

 

Concerto de Fin de Ano da Coral Polifónica Estradense

DÍA: sábado 23 de decembro

HORA: 20.30 h

LUGAR: Teatro Principal da Estrada

XÉNERO: música coral

CATALOGACIÓN: TODOS OS PÚBLICOS

DURACIÓN: 60 min

ENTRADA: De balde (ata completar a capacidade da sala)

SINOPSE: Como xa é habitual, a Coral Polifónica Estradense na compaña da Coral Polifónica de Soutomaior arroupadas por un acompañamento de piano e baixo, despedirán o ano musical na vila co seu tradicional concerto de nadal. Un concerto centrado na zarzuela, na música popular e nas panxoliñas que será dirixido por Xabier Comesanha.

 

Scroll ao inicio
Skip to content