Concello da Estrada

Cultura

Premio Xornalístico - Manuel Reimóndez Portela (XXVIII Edición, 2023)

BASES
  1. Convócase a XXVIII edición do Premio Xornalístico “Manuel Reimóndez Portela”.
  1. O Premio outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de cinco), publicados en lingua galega en calquera dos medios de comunicación escritos.
  2. A dotación económica do Premio será de 1.000 €. O Premio estará suxeito ás correspondentes obrigas tributarias.
  3. Ao Premio poderán presentarse traballos publicados ata o 31 de setembro de 2023. O prazo de recepción rematará o 1 de novembro de 2023.
  1. Os autores e autoras ou calquera lector poderá enviar un exemplar dos traballos no que conste a data de publicación, autor ou autora e o medio ao seguinte enderezo electrónico: pxornalisticoreimondezportela@gmail.com
  1. O xurado cualificador estará integrado por membros do Comité de Seguimento do Premio, actuando un deles como presidente ou presidenta e outro como secretario ou secretaria con voz pero sen voto.
  2. A resolución do xurado cualificador será inapelable e darase a coñecer no seu momento. O premio entregarase na data e lugar que oportunamente se anunciará.
  3. O xurado poderá declarar deserto o Premio.
  4. A organización do Premio resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados.
  5. A participación nesta convocatoria supón a aceptación das bases.
Descargar bases. 

Scroll ao inicio
Skip to content