Concello da Estrada

Libro de Xurxo Souto “Somos un pobo de artistas"

Libro de Xurxo Souto “Somos un pobo de artistas"


18/06/2024

A Asociación Cultural “Vagalumes” e o IES Nº 1 da Estrada presentan o libro de Xurxo Souto “Somos un pobo de artistas (O método Luísa Villalta)”. O acto contará coa intervención do seu autor e levarase a cabo o vindeiro martes 18 de xuño, ás 20:00 h. na Casa das Letras na Estrada. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si a música e a literatura. Seguindo o seu método, Xurxo Souto penetra na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura.

.

Scroll al inicio
Ir al contenido