Concello da Estrada

Go Home

Go Home


21/03/2024

O Concello da Estrada acolle a estrea da nova representación teatral de Tito Asorey. A obra ten como protagonistas a os actores galegos David Amor e Josito Porto, que farán uso do humor para abordar unha temática de actualidade: o turismo e a xentrificación das cidades galegas.

A función terá lugar o xoves, 21 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal do municipio. As entradas xa están dispoñibles para a venda a través da páxina web de Ataquilla.

A peza observa a realidade e denuncia as problemáticas asociadas a Galicia adoptando un enfoque en clave de humor. Preséntanos a David, un viaxeiro afeccionado, que experimenta a aventura de pasar unha noite no Cebreiro na que gozará de emocións de grande intensidade.

‘Go home’ é unha produción de Etiqueta Negra na que destacan nomes coñecidos como o do director, Tito Asorey, ou os dous protagonistas, David Amor e Josito Porto. Completan o elenco grandes figuras da dramaturxia galega como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xabier Porto.

.

Scroll ao inicio
Skip to content