Concello da Estrada

Gloría Pavía

Gloría Pavía


30/05/2024

 

A Riala Taberna organiza este verán un ciclo de concertos na súa terraza, un ciclo que leva por nome [· ] DE ENCONTRO.
Serán máis de 20 actuacións repartidas entre os meses de abril a agosto. Neste ciclo estarán presentes estilos musicais como o Country, Rock, Jazz, Folk, Punk, e un longo etc; pero tamén contaremos con outras artes como son a poesía, a prosa ou ata 4 sesións de humor que leva por nome Ontheroad Openmic.

Este proxecto arrancará a primeira semana de Abril co concerto de Mad Martin Trio no seu estilo Rock & Roll maís clásico.

Todas as actuacións serán na terraza de “A Riala Taberna” na vila de A Estrada, un lugar que pretende crear un espazo acolledor a todas as persoas que nos acompañen, de pequeno aforo e que brinda unha oportunidade para desfrutar dunha experiencia cultural diferente.

As sesións serán semanais, de forma alterna, os xoves ás 21.00 h. e os  sábados as 13.30 h. agás algunha excepción. Ademais, un domingo o mes realizaremos as sesións de humor con OpenMic ás 20.00h.

Todas as actuacións funcionarán con “taquilla inversa”, dito doutra maneira, ao chegar darémosche unha entrada, ti úsala para pasar a terraza, gozas do espectáculo e cando termina a función ti decides canto pagar. Esperamos que o tomes como unha oportunidade e posta en valor de cada unha das montaxes escénicas, concertos, recitais ou  espectáculos e nos acompañes. [· ] DE ENCONTRO é un intento de reformular o consumo da cultura, de adaptar a nosa oferta a todos os petos e de crear unha vía de comunicación directa entre o público e o artista.

En caso de inclemencias meteorolóxicas, por tratarse dunha terraza ao aire libre, o evento adiaríase ou cancelaríase segundo a axenda das artistas.

[· ] DE ENCONTRO é un escenario de proxección cultural, co idioma e a cultura galega como base, un espazo na Estrada para desfrutar e compartir o que nos identifica como o que somos.

.

Scroll ao inicio
Skip to content