Concello da Estrada

Conductores Suicidas

Conductores Suicidas


09/03/2024

O Principal acollerá o concerto da agrupación musical tributo a Joaquín Sabina, ‘Conductores Suicidas’, o vindeiro
9 de marzo, ás 21:00 horas.

O concerto, dunha duración de arredor de 120 minutos, contará cunha selección das cancións máis emblemáticas de Sabina, como Princesa, Peces de ciudad, Por el boulevard de los sueños rotos, Pirata Cojo, Y nos dieron las diez ou Juana la Loca, facendo un percorrido pola súa traxectoria musical.

As entradas para a actuación no Principal serán de 10 euros, para aproximadamente 400 localidades. Poderán retirarse na plataforma de pago de ataquilla.com ou no Departamento de Cultura e no Bar As Tres Portiñas da Estrada.

A banda, formada no ano 2020, está integrada por oito músicos e un vocalista, Roberto Ramos, quen destaca por ter unha voz moi semellante ao cantautor, facendo desta banda tributo unha das máis exitosas de España.

.

Scroll ao inicio
Skip to content