Concello da Estrada

'Cando o avó esqueceu o meu nome'

'Cando o avó esqueceu o meu nome'


20/03/2024

O MOME acollerá o mércores 20 de marzo a presentación de Cando o avó esqueceu o meu nome, o libro de Rosalía Morlán publicado pola editorial Galaxia. O acto levarase a cabo ás 20.00 horas e contará coa presenza da propia autora, así como do concelleiro de Cultura, Juan Constenla e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Á presentación asistirán, así mesmo, o editor de Galaxia, Suso Domínguez, e o escritor Xosé Luna.

Durante a presentación, unha pequena representación do alumnado do CEIP do Foxo lerá varias pasaxes da obra de Morlán. Así mesmo, o cantante e compositor Manoele interpretará varias cancións durante o acto. A entrada á actividade é libre ata completar a capacidade da sala.

Cando o avó esqueceu o meu nome conta a historia dun avó que deixa de lembrar as caras dos seus seres queridos, quedando perdido no mundo do nada. Na obra, a neta loita por el, axudándoo a recuperar esas lembranzas agochadas que compartiron e evitando así que se perdan para sempre. O traballo de Rosalía Morlán gañou o accésit do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer do 2022.

.

Scroll ao inicio
Skip to content