Taxa pola utilización de columnas, carteis e outras instalacións municipais

Que é ? A utilización de columnas, carteis ou outras instalacións municipais para a exhibición de anuncios.
Quen o pode solicitar ? Calquera persoa física ou xurídica interesada.
Que documentos hai que
aportar ?
- Unha solicitude asinada.
- Memoria que deberá conter como mínimo unha descrición dos contidos, medios e características técnicas dos materiais empregados así como da súa seguridade.
Canto custa ? O que se indica no anexo da Ordenanza fiscal reguladora.
As formas de pagamento poden consultarse no artigo 9 de dita Ordenanza.
Cando se pode facer ? Sempre.
Onde se solicita ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ? Un máximo de 15 días.
Que documentación entrega o Concello ? - Unha copia da resolución adoptada.
- Recibo de pagamento das taxas.
Outras informacións de interese O solicitante deberá cumprir as normas de seguridade vixentes.
Cómpre consultar tamén Instalación de anuncios en terreos de dominio público municipal.

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1