Que é ? |
É a comprobación que realiza o Concello se as actividades industriais e mercantís reunen as condicións de sanidade, salubridade, seguridade e calesquera outras esixidas na regulamentación vixente con motivo da apertura, variación ou ampliación das mesmas. |
Quen o ten que solicitar ? |
Calquera persoa física ou xurídica que desexe abrir unha actividade ou ben a amplie ou modifique. |
Que documentación hai que presentar ? |
Varía segundo se trate dunha actividade clasificada como Inocua, MINP ( Molestas, Insalubres, Nocivas ou Perigosas ) ou incluída no Regulamento de Espectáculos Públicos de 1982. - Actividade Inocua: - a) Unha solicitude debidamente cumprimentada. - b) Fotocopia do NIF do titular. Se se trata dunha persoa xurídica fotocopia do C.I.F., da escritura de constitución, modificacións posteriores, e poderes e D.N.I. do solicitante. - c) Fotocopia da Declaración de Alta no Imposto sobre Actividades Económicas. - d) ... - e) .. - f) ... - g) Xustificación cumprimento da normativa en materia de accesibilidade ( Lei 8/97 e Decreto 35/2000). Os documentos dos apartados d), e) e f) serán orixinais e estarán asinados por facultativo competente e visados polo Colexio Profesional correspondente. - Actividade MINP ou incluída no Rex. de Espectáculos Públicos de 1982 : |
Canto custa ? |
A cantidade correspondente segundo o artigo 6 da Ordenanza |
Cando hai que solicitalo ? |
Sempre |
Como e onde se presenta ? |
No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
Inocuas : 25 días aprox. Clasificadas : 2 meses aprox. |
Máis informacion ... |
- Ordenanza fiscal reguladora da taxa. - R.A.M.I.N.P. Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas y Peligrosas. - R.E.P.A.R. Reglamento General de Policía de Espectáculos Públicos y Actividades Recreativas. |