Ocupación da vía pública con mercadorías, materiais de construcción, ...

Que é ? A autorización para a ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materiais de construción, refugallos, valados, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.
Quen o pode solicitar ? Calquera persoa física ou xurídica interesada.
Que documentos hai que
achegar?
- Unha solicitude asinada.
- Memoria con plano, detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do termo municipal.
- Medidas de seguridade previstas.
- Xustificante de pagamento do importe da taxa en calidade de depósito previo.
Canto costa ? A tarifa cos distintos tipos e zonas de de ocupación figura no anexo da Ordenanza fiscal reguladora.
Cando se pode facer ? En calquera momento.
Onde se solicita ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ? De 7 a 30 días.
Que documentación entrega o Concello ? - Unha copia da resolución adoptada.
- Unha vez autorizada ou concedida a licenza de aproveitamento, entenderase prorrogada mentres non se presente a declaración de baixa polo interesado.
- No caso de denegarse a autorización, os interesados poderán solicitar a devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.
Outras informacións de interese O solicitante deberá cumprir as normas de seguridade e demais regulacións vixentes en cada momento.

Data actualización: 29/05/2001

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1