Que é ? |
A utilización, aproveitamento ou ocupación do voo de toda clase de vías públicas municipais mediante elementos construtivos pechados, terrazas, miradores, balcóns, marquesiñas, toldos, paraventos, e outras instalaccións semellantes voadizas sobre a vía pública ou que sobresain da liña da fachada. |
Quen o pode solicitar ? |
Calquera persoa física ou xurídica interesada. |
Que documentos hai que aportar ? |
- Unha solicitude asinada. - Un plano da instalación e o detalle da superficie do aproveitamento solicitado e a súa situación dentro do termo municipal. |
Canto costa ? |
O que se indica no anexo da Ordenanza fiscal reguladora. |
Cando se pode facer ? |
En calquera momento. |
Onde se solicita ? |
No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
Un máximo de 15 días. |
Que documentación entrega o Concello ? |
- Unha copia da resolución adoptada. - Recibo de pagamento das taxas. |
Outras informacións de interese |
O solicitante debe cumprir as normas de seguridade vixentes en cada momento. |