Que é ? |
A prestación polo Concello do subministro do evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede municipal de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas. |
Quen o ten que solicitar ? |
Os propietarios, ocupantes ou usuarios das vivendas e locais situados nas zonas donde se presta o servizo ( na actualidade no casco urbano e na parroquia de Codeseda ). Non terán a obriga de facelo as parcelas derruídas, as declaradas ruínosas ou que teñan a condición de solar ou terreo, sempre que non fagan uso dos sumidoiros. |
Que documentos hai que achegar? |
Unha solicitude asinada polo interesado. |
Canto custa ? |
- Alta no servizo ( a percibir dunha soa vez por dereitos de enganche ) Por vivenda : 12,50 €. Por local comercial : 25,00 €. No caso das plantas baixas sen dividir, o importe obterase de multiplicar 25,00 € polo número de vivendas que corresponda por planta. - Utilización do servizo : satisfarase por bimestres vencidos o 40% da facturación polo servizo de abastecemento de auga. Naqueles casos nos que o inmoble non figure dado de alta no servizo de abastecemento de auga, a cota non será inferior a 13,70 € anuais. As tarifas completas figuran na Ordenanza correspondente, así como as bonificacións establecidas para parados ou xubilados que cumpran determinadas condicións ( 50 % ) ou persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal ( 95 % ). |
Cando se pode solicitar ? |
Sempre. |
Como e onde se pode solicitar ? |
No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
Inmediata. |
Outra información de interese |
- Ordenanza da taxa de sumidoiros. - Alta no servizo de abastecemento de auga. - Servizos de recollida de lixo. Pola súa comodidade, suxerímoslle a conveniencia de cumprimentar o impreso de domiciliación bancaria. |