Declaración de plusvalía

Que é ? E un imposto que grava o cambio de nome ou titularidade dos terreos de natureza urbana (venda de fincas, doazóns, herdanzas e outros).  
Quen o ten que declarar ? O comprador ou vendedor dun inmoble ou dereito real sobre un inmoble.
Que documentación hai que presentar ? Declaración segundo o modelo oficial que se pode obter na Intervención Municipal xunto cos seguintes documentos :

1. Copia do documento xustificativo da trasmisión ( p. ex. : copia simple da escritura publica, sentenza xudicial, ... ).

2. Documentos xustificativos das reducións, exencións ou bonificacións que se aleguen.

3. DNI do presentador da declaración.

4. Fotocopia do DNI/CIF do declarante.
Canto custa ? O que se indica nas Ordenanzas fiscais do Concello.
Cando se ten que facer ? A declaración deberá ser presentada nos prazos seguintes a partir da data da transmisión:

a) Cando se trate de actos "inter vivos", o prazo será de trinta días hábiles.

b) Cando se trate de actos "mortis causa", o prazo será de seis meses, prorrogables ata un ano a solicitude do suxeito pasivo.
Como e donde se pode presentar ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Reéime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ? Immediata.
Que documentación entrega o Concello ? Copia da declaración do Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
Preguntas máis frecuentes 1. Se se pacta en escritura pública que o imposto sobre o incremento do valor dos terreos o pagará a parte compradora.  A quen se dirixirá o Concello para cobrar o imposto ?

- Ao vendedor. Ningún pacto entre as partes pode alterar a norma tributaria. Polo tanto, o pacto entenderase como un contrato de pagamento entre o vendedor e o comprador. O suxeito pasivo da liquidación non pode alterarse en ningún caso. O vendedor terá o dereito de recramarlle á parte compradora o importe da liquidación, e se este non lla paga, reclamar incumprimento de pacto pola vía xudicial.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1