Que é ? |
Permite presentar nas oficinas do Concello a documentación administrativa dirixida á Xunta de Galicia. As funcións que comprende son : - Rexistro Xeral de escritos, solicitudes ou comunicacións dirixidas a calquera organo da Administración Autonómica de Galicia. - Información xeral da Administración Autonómica de Galicia. - Información particular sobre aqueles expedientes administrativos tramitados por instancia perante a Administración Autonómica de Galicia, nos que o solicitante sexa o interesado. - Acceso ao Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma. |
Quen o pode utilizar ? |
Calquera persoa interesada. |
Que documentos hai que achegar? |
Os mesmos que se se presentaran nas correspondentes dependencias da Xunta de Galicia. |
Canto custa ? |
Gratuíto. |
Como e donde se pode presentar ? |
No Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9 a 13,30 horas. |
Que documentación entrega o Concello ? |
- Un xustificante de entrega da documentación achegada. |
Outras informacións de interese |
Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. - Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia e Admón. Pública e a F.E.G.A.M.P. - Orde do 14/02/01 pola que se dispón o comezo da actividade administrativa a efectos de Rexistro Xeral de documentación dirixida á Xunta de Galicia, no Concello da Estrada e outros. |