Que é ? |
Apoio ás familias que presentan problemas para o coidado dalgún dos seus membros e/ou realización das tareafs domésticas, proporcionándolles a atención no propio fogar. Actividades que se prestan: - De coidado e atención persoal : Hixiene persoal. Axuda para levantarse e deitarse Axuda para vestirse e comer Compaña - De tipo doméstico Limpeza da casa Facer a cama Preparación de comida Lavado, pasado do ferro e repaso da roupa |
Quen o pode solicitar ? |
- Menores que precisen atención cando seus pais estean incapacitados dalgún xeito para o exercicio das súas funcións. - Minusválidos que coa axuda facilitada poidan manter a súa valía persoal. - Familias que precisen dun apoio para atender algún membro da mesma. - Incapacitados pola súa condición social. |
Onde se solicita ? |
Nas oficinas dos Servizos sociais na planta baixa da Casa do Concello |
Que documentos hai que presentar ? |
- Solicitude de Axuda a Domicilio, facilitada polo Servizos Sociais do Concello. - Fotocopia do D.N.I. - Fotocopia da Cartilla Asistencia Sanitaria. - Informe médico. - Xustificantes de ingresos económicos. - Fotocopia da Declaración da Renda. - Certificado de Bens, expedido pola Delegación de Facenda. - Xustificantes de todas as contas ou depósitos bancarios. - Certificado de empadroamento individual e familiar. |
Canto custa ? |
O prezo do servizo e as porcentaxes de subvención ( que poden chegar á totalidade do prezo ) poden consultarse no artigo 3 da correspondente Ordenanza fiscal. |
Cando se pode solicitar ? |
En calquera momento. |
Que documentación entrega o Concello ? |
- Xustificante de presentación da solicitude. - Comunicación da resolución. |
Máis información |
Nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello. Praza da Constitución. Teléfono 986.57.32.65. 36680 A Estrada. Na sección de Servizos Sociais Na correspondente Ordenanza Fiscal |