Padrón Municipal de habitantes

Que  é ? O Padrón Municipal é o rexistro que acredita a residencia e o domicilio dos veciños do municipio a todos os efectos administrativos.
Todas as persoas residentes nun concello teñen a obriga de se inscribir no Padrón Municipal de Habitantes e notificar os cambios de domicilio ou variacións dos datos de inscrición que se poidan producir mentres viven no mesmo.
O veciño ten dereito a coñece-la información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a eixisir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
Quen o pode solicitar ? Todas as persoas maiores de idade que teñan o seu domicilio habitual no Concello da Estrada, no seu propio nome ou no de todas as personas que teñan o seu cargo.
Que documentacion hai que presentar ? 1. Solicitude

2. Folla padronal ( facilítase no mesmo Concello ) cuberta e asinada.

3. Documento que acredite a identidade das persoas inscritas : D.N.I., Libro de familia ( para menores de 15 anos ). No caso de estranxeiros permiso de residencia ou pasaporte.

4. Documento que acredite a ocupación do inmoble onde se vive ( escritura de propiedade, contrato de arrendamento, contrato ou recibo actual expedido pola Compañía subministradora de teléfono, auga, electricidade. Este documento no é preciso no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empradroado

No caso de rectificación ou actualización de datos, documento acreditativo do dato correcto.
Cando se pode solicitar ? Sempre
Onde se pode solicitar? Persoalmente no Servizo do Padrón Municipal - Casa do Concello.
Canto tempo tarda a resposta? hh horas dd días
Que documentación entrega o Concello ? Se se desexa, un certificado ou o volante de empadroamento.
Normativa de aplicación - Lei 4/1996 pola que se modifica a Lei 7/1985.

- Real Decreto 2612/1996 polo que se modifica o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais aprobado por R.D. 1690/1986.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1