Matrimonios civís

Que é ? A modificación do  Código Civil pola Lei 35/1994, introduce a posibilidade de contraer matrimonio civil diante do Alcalde ou concelleiro no que delegue.
Quen o pode achegar? A idade legal mínima para contraer matrimonio son os 18 anos.
Os menores terán que presentar autorización paterna ao tramitar o expediente.
Que documentos hai que
aportar ?
- Autorización do Rexistro Civil .
- Solicitude de casamento asinada por un dos contraentes, ou polo seu representante, que se presentará no Rexistro Xeral do Concello, na que conste :
-Nome, apelidos, D.N.I. de cada contraente e o seu lugar de residencia.
-Nome e DNI de dúas testemuñas como mínimo, distintos dos do Rexistro Civil, que poden ser familiares e que deberán ser maiores de 18 anos.
-Data e hora desexada para a celebración da cerimonia.
- Xustificante do ingreso da taxa.
Canto custa ? -  85 euros, se un dos contraentes constase no padrón municipal de habitantes dende un ano antes, polo menos, á celebración.
- 120 euros, nos demais casos.
Cando se pode facer ? En calquera momento.
Onde se solicita ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ? Inmediata.
Que documentación entrega o Concello ?  - Recibo de pagamento das taxas.
- Unha vez celebrada a ceremonia, o Alcalde expide un certificado que se pode presentar no Rexistro Civil para a obtención do libro de familia.
Outras informacións de interese - Ordenanza da Taxa pola celebración de matrimonios civís na Casa do Concello.
- Código Civil - Titulo IV
-  Instrución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado de data 26.01.1995 (B.O.E. núm. 35 de 10.02.95).

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1