Devolución de ingresos indebidos

Que é ? O dereito de que se lle devolvan aos cidadáns as cantidades cobradas indebidamente polo Concello.
Quen o pode solicitar ? Os cidadáns que fixeran un ingreso no Concello que, por algún motivo legal, sexa incorrecto.
Que documentos hai que presentar ? Os seguintes :
1. Solicitude  especificando o solicitado.
2. Fotocopia do NIF do interesado ou do seu representante.
3. Recibo orixinal do pagamento que se considera incorrecto.
4. Un documento xustificativo da petición ( p. ex. : baixa dun vehículo, fotocopia escritura pública, IBI, IAE ...)
5. Datos bancarios da conta onde se desexa que se lle retorne o importe.
Canto custa ? Gratuíto.
Cando se pode facer ? Antes dos 4 anos seguintes dende que se produciu o ingreso.
Onde se presenta ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no Artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ? 3 meses, máximo.
Que documentación entrega o Concello ? - Resgardo de presentación da solicitude, unha vez rexistrada.
- Notificación da denegación ou aceptación da devolución.
- Se a solicitude é aceptada, a devolución farase por transferencia bancaria.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1