ACTIVIDADE ECONÓMICA Imposto Actividades Económicas IAE |
NON terán que pagar o IAE :
- As persoas físicas (comerciantes, profesionais, artistas, etc.).
- As empresas ou sociedades civís cando a cifra de negocios no ano 2000 sexa inferior a 1 millón de euros.
- Aquelas empresas con cifra de negocios superior a 1 millón de euros se inician no 2003 a súa actividade.
|
ACTIVIDADE ECONÓMICA Imposto Bens Inmobles IBI |
- Bonificación do 90% durante un período máximo de 3 anos os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria, sempre que non formen parte do seu inmobilizado.
Debe solicitarse antes do comezo das obras, presentando os estatutos da sociedade e a certificación do administrador da sociedade ou fotocopia do último balance (para os efectos do imposto de sociedades), sobre a non inclusión no inmobilizado do inmoble obxecto de bonificación.
|
BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS Garderia Infantil |
- Redución do 10% ao 100% nas cotas mensuais da Gardería Infantil segundo ingresos da unidade familiar.
|
BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS Taxas por Sumidoiros, Recollida de Lixo e Auga |
- Bonificación do 50 % ás persoas en situación de parados ou xubilados que acrediten as condicións seguintes:
- Non posuír a unidade familiar, ingresos superiores ao salario mínimo interprofesional, incluíndo no mesmo o subsidio por desemprego.
- Non ser propietario ou usufrutuario de bens rústicos ou urbanos (agás a propia vivenda se o seu valor catastral non supera os 24.040,48 euros ) nin titulares no exercicio de actividades suxeitas o IAE.
- As persoas en situación de paro, ademais das anteriores condicións, terán que levar desempregados cando menos seis meses dos doce anteriores ao devengo da taxa correspondente.
- Bonificación do 95 % ás persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal. |
BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS Axuda no Fogar |
- Bonificación de ata ao 100 % segundo os ingresos e ao numero de membros da unidade familiar de convivencia.
|
BONIFICACIÓNS POR NIVEL DE INGRESOS Expedición de Documentos Administrativos |
- Exención total ás persoas inscritas no Padrón de Beneficencia Municipal.
|
BONIFICACIÓNS AOS DISCAPACITADOS Imposto Vehículos |
- Exención do pagamento nos vehículos para persoas con mobilidade limitada e tamén os matriculados por persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% e que sexan para o seu uso exclusivo (aínda que non os conduza).
Debe solicitarse antes do 1 de maio, achegando o certificado de minusvalía e a ficha técnica do vehículo ou, en caso de vehículos matriculados a nome de minusválidos, a acreditación ou compromiso de uso exclusivo.
|
BONIFICACIÓNS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS Imposto Bens Inmobles IBI |
Na vivenda que sexa a residencia habitual da familia numerosa e sempre e cando os seus ingresos per cápita sexan inferiores a 3.500 euros.
- Familia numerosa de 1ª. categoría : Bonificación do 50%
- Familia numerosa de 2ª. categoría : Bonificación do 70%
- Familia numerosa de honor : Bonificación do 90%
Debe solicitarse no Concello antes do 1 de xuño, presentando o título de familia numerosa.
- bonificación pendente de aprobación definitiva -
|
BONIFICACIÓNS S FAMILIAS NUMEROSAS Conservatorio Profesional e Escola de Música Municipal |
Nas cotas do Conservatorio Profesional e Escola de Música Municipal :
- Familia numerosa de 1ª. categoría : Bonificación do 50%
- Familia numerosa de 2ª. categoría : Bonificación do 75%
- Familia numerosa de honor : Bonificación do 100%
|
BONIFICACIÓNS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS Gardería Infantil |
Nas cotas da Gardería Infantil :
|
OUTROS BENEFICIOS FISCAIS Imposto Bens Inmobles IBI |
Bonificación do 37,5 % por cento durante 3 anos na cota íntegra do IBI os inmobles de natureza urbana que segundo as vixentes Normas de Ordenación Subsidiarias de Planeamento Municipal :
- estean situados en zonas que sexan susceptibles de calificarse como solo urbano non consolidado.
- estean situados en zonas que sexan susceptibles de calificarse como solo apto para urbanizar.
- estean situados fóra das zonas delimitadas como solo urbano e solo apto para urbanizar.
Están exentos do pagamento :
- os inmobles urbanos cun recibo inferior a 6 euros.
- os inmobles rústicos dun mesmo propietario e cunha cota agrupada inferior a 6 euros.
- bonificación e exención pendentes de aprobación definitiva -
|
OUTROS BENEFICIOS FISCAIS Imposto Vehículos |
- Non terán que pagar os vehículos que teñan máis de 30 anos ou estean calificados como históricos.
Debe solicitarse antes do 1 de maio, presentando no seu caso o documento de catalogación como vehículo histórico.
|
PROTECCIÓN E DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE Imposto Bens Inmobles IBI |
- Exención para as superficies de montes poboados con especies de crecemento lento para a produción de madeira, con densidade normal, sen necesidade de solicitude.
- Exención durante 15 anos para as superficies de montes repoboados ou con rexeneración de masas, con proxectos de ordenación ou planos técnicos aprobados pola administración forestal.
Debe solicitarse, antes do 1 de xuño, presentando a certificación acreditativa emitida pola Dirección Xeral de Montes.
|
PROTECCIÓN E FOMENTO DA AGRICULTURA Imposto Bens Inmobles IBI |
- Exención sen necesidade de solicitude, para os bens comunais e os montes veciñais en man común.
- Bonificación do 95% para os bens rústicos das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra.
Deberá solicitarse, antes do 1 de xuño, presentando o certificado acreditativo da condición de cooperativa agraria ou de explotación comunitaria da terra.
|
PROTECCIÓN E FOMENTO DA AGRICULTURA Imposto Vehículos |
- Exención para os tractores, remolques, semi-remolques e maquinaria provistos da Cartilla de Inspección Agrícola.
Debe solicitarse, antes do 1 de maio.
|
VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL Imposto Bens Inmobles IBI |
- Os propietarios dunha vivenda de protección oficial (ou autonómica asimilada) terán dereito a unha bonificación no recibo do IBI do 50 % durante os primeiros tres anos e do 25% nos tres seguintes.
Deben solicitala no Concello presentando a cédula de cualificación definitiva e a documentación acreditativa da propiedade.
|
MÁIS INFORMACION |
- Nos Servizos Económicos do Concello
Praza da Constitución, s/n. 36680 A Estrada.
- Chamando aos teléfonos : 986.570.030 - 986.570.165.
- Axuda do Cidadán.
En calquera deles facilitarémoslle canta información e asesoramento precise, así como impresos de solicitude, ordenanzas, lexislación aplicable, ...
|