Que é ? |
Trámite polo que se fai constar por escrito a disconformidade por unha sanción ou denuncia imposta polo Concello. |
Quen o pode solicitar ? |
Calquera persoa á que se impoña unha denuncia. |
Que documentos hai que achegar ? |
1. Escrito de alegacións. 2. Fotocopia da denuncia 3. Toda aquela documentación que o solicitante considere oportuno como achega de probas que o eximan da denuncia. |
Canto custa ? |
Gratuíto. |
Cando se pode facer ? |
Sempre, dentro do prazo establecido. |
Como e donde se pode presentar ? |
No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común. |
Canto tempo tarda a resposta ? |
Menos de 3 meses, que se contan a partir da data de presentación das alegacións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello. |
Que documentación entrega o concello ? |
- Xustificante da presentación da solicitude. - Notificación da resolución das alegacións. |
Outras informacións de interese |
A presentación de alegacións non modifica o prazo voluntario de pagamento da sanción coa bonificación que regulamentariamente lle correspondese. |