Actividade física
ACTIVIDADE FÍSICA: ¡ADIANTE!
A actividade física é un xeito de divertirse con amigos e parentes, gozar de actividades ao aire libre, mellorar o seu acondicionamento físico para practicar un deporte e manter a súa independencia. Ademais, cando os adultos maiores fan actividade física con regularidade, obteñen beneficios que perduran ata unha idade avanzada. O mellor xeito de manterse activo é converter o programa nun hábito de por vida. Unha vez que empece a facelo, siga adiante.
Pense tamén noutros cambios que pode facer no seu estilo de vida. Por exemplo, fumar conduce a unha variedade de enfermidades graves e pode impedirlle que se manteña activo. O mesmo sucede se toma demasiado alcol. Conxuntamente, hábitos tales como a actividade física, unha dieta saudable, tomar alcol moderadamente e non fumar axudaranO a alcanzar a súa meta principal: ter a mellor saúde posible.
Nas páxinas seguintes atopará varios rexistros que pode usar para axudarlle a alcanzar as súas metas relacionadas ao exercicio e á actividade física. Escolla e use os rexistros que lle sexan útiles.
Para descargar toda a información prema aquí.