Campamentos de Verán 2023

11 Mai 2023

 

  • A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
  • DATAS E HORARIO: mes de xullo, agosto e ata 8 de setembro. En horario de 8:00 a 15:00, de luns a venres.
  • PRAZAS: 20 rapaces/as por quincena (agás no CEIP Pérez Viondi que son 40 prazas por quincena)
  • LUGAR DE CELEBRACION: instalacións dos CEIP de Oca, Foxo, Cabada Vázquez, Villar Paramá e Pérez Viondi.
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: do 15 de maio ó 5 de xuño (ambos incluídos)
  • COTA DE INSCRICIÓN:
    • O prezo será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto) e 25€ por participante durante os días do mes de setembro.
    • O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€ nas quincenas de xullo e agosto, e 20€ os días de setembro), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.
  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).

 A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte:

  • D.N.I do neno/a
  • D.N.I do pai, nai ou titor
  • Libro de familia (só si solicita bonificación por 2º/3º irmán participante)
  • Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia.
  • Fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.

 

No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:

  1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.

  2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.

  3. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.

  4. Familias con renda máis baixas (IPREM)

  5. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.

  6. Orde de entrada das solicitudes.

     

Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1