Ábrese o prazo de inscrición dende o 14 de novembro ata o 2 de decembro (ambos incluidos)
REQUISITOS PARA PARTICIPAR
Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade. (33% ou máis)
As actividades que se van a ofertar son:
- Taller de Xerontoximnasia
- Taller de Memoria
- Taller de Pilates
ÁMBITO URBANO
Manteranse as actividades/horarios e grupos que se están desenvolvendo,
- Xerontoximnasia máximo 25 persoas por grupo
- Pilates máximo 25 persoas por grupo
- Taller de memoria máximo 10 persoas por grupo
AMBITO RURAL
As parroquias que durante o ano 2022 tiveron actividade, durante o ano 2023 manterase a mesma actividade, no mesmo horario. As persoas interesadas deberán anotarse antes do 2 de decembro
As parroquias que non tiveron actividade e queren formar grupo, poden facelo, con un mínimo de 8 persoas, e a actividade será a demandada pola maioría. Deberán formar grupos antes do 2 de decembro
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
Departamento de servizos sociais en horario de 9:00 a 14:00
Ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada
Nº DE PERSOAS POR GRUPO
Mínimo de 8 persoas por parroquia
No caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas por grupo, atenderanse as solicitudes segundo a seguinte orde de prioridades:
- Persoas empadroadas no concello
- Orde de entrada das solicitudes
Descargar modelo de solicitude
DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE:
- CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE SE FOSE O CASO
Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00) ou chamando ó teléfono 986 573 265.