O vindeiro luns día 6 de febreiro abre o prazo para presentarse á actividade de "ARTETERAPIA" para persoas con discapacidade intelectual.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 6 ao 13 de febreiro (ambos incluídos)
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
Departamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada.
COMEZO DA ACTIVIDADE E HORARIO
A actividade comezará o mércores 15 de febreiro e rematará 22 de decembro. (agás o mes de agosto)
Realizarase 3 días a semana (luns, mércores e venres en horario de 16:00 a 19:00 horas).
DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE
- Fotocopia do DNI do participante
- Fotocopia do certificado de discapacidade (As persoas participantes en anos anteriores que xa tivesen presentada a documentación, non terán que presentala novamente).
- Descargar modelo de solicitude