A bandeira
Decreto 131/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello da Estrada.
O Concello da Estrada (Pontevedra) considerou conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme ás normas de heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, emitiu o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica da bandeira, para a súa aprobación definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais corresponde á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
O expediente tramitouse conforme ás normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, e no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro.
Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta da persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dous de outubro de dous mil catorce,
DISPOÑO:
Artigo único. Aprobar a bandeira do Concello da Estrada, que figura como anexo, organizada do seguinte xeito:
«Dividida por unha banda branca, de verde á hasta e de vermello ao batente».
O escudo
Decreto 130/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba o escudo do Concello da Estrada.
O Concello da Estrada (Pontevedra) considerou conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme ás normas de heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, emitiu o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica do escudo, para a súa aprobación definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais corresponde á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.
O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, e no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro.
Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta da persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dous de outubro de dous mil catorce,
DISPOÑO:
Artigo único. Aprobar o escudo do Concello da Estrada, que figura como anexo, organizado do seguinte xeito:
«De sinople (verde) e sobre ondas de prata (branco), unha ponte de cinco ollos de ouro (amarelo), coroada por unha torre, oca e tamén de ouro, e nos flancos dúas vieiras de prata, coroadas, pola súa vez, por cadansúa estrela de ouro. Ao timbre, coroa real pechada».
O himnoTerra nobre, fidalga e ben labrada, |
|