Publicación no BOPPO de hoxe luns día 21 de febreiro das BASES QUE REXEN A CONVOCATORIA EN CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS DO CONCELLO DA ESTRADA PARA A TEMPADA 2021/2022.
As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello ou pola sede electrónica, no prazo de 20 días naturais, contados dende o día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia, é dicir dende mañá martes día 22 ata o domingo día 13 de marzo.