Mulleres Valentes - A autora

14 Febreiro 2022

image001

Compaxina a súa actividade como arquitecta con traballos de deseño gráfico e ilustración en distintos ámbitos. Carteis e folletos, deseño e ilustración editorial, sinaléctica e identidade corporativa son algún deles.

Nos últimos anos tivo como clientes institucións (concellos, centros de ensino, asociacións culturais...), empresas de xestión de patrimonio, editoriais e profesionais de distintos tipos. Mais tamén ofrece ilustracións personalizadas para eventos ou agasallos.

Na súa traxectoria como ilustradora e deseñadora, Rosa foi definindo una liña estética propia e recoñecible. Nos seus deseños procura múltiples significados baixo una aparencia de sinxeleza. Busca a expresividade a través do trazo, das cores planas, das figuras humanas e dos elementos naturais que incorpora nas súas ilustracións, ou por medio do simbolismo das figuras e situacións que representa.

image002

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1