Biblioteca Municipal

 

A Biblioteca Municipal da Estrada, ou biblioteca Mario Blanco, é unha biblioteca pública de titularidade local, pertencente ao Concello da Estrada. Está situada no edificio A Casa das Letras, na avenida Benito Vigo, número 58.

 

A biblioteca está integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

 

O horario de apertura durante a meirande parte do ano é o seguinte:

 

Luns a venres:

- Mañá de 9:00 a 14:30

- Tarde de 16:00 a 21:30

 

Sábado:

- Mañá de 10:00 a 13:00

 

Do 15 de xullo ao 15 de agosto, o horario é de luns a venres, en horario de mañá (de 9:00 a 14:30).

 

 

Hai dúas formas de darse de alta como socio da biblioteca: de xeito presencial ou a través deste enlace: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

 

A través do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é posible buscar libros, facer renovacións, reservas, suxestións de compra ou acceder a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros en forma electrónico e audiolibros.

 

Podes acceder ao catálogo dende aquí: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

 

 

Contacto en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986573188.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1