Este Plan Contra a Violencia de Xénero e Para o Fomento da Igualdade atopa a súa orixe no impulso que fai o Concello da Estrada pola igualdade e que foi iniciado fai máis de dez anos, co primeiro PIOM, e ven renovándose dende entón a través do traballo conxunto de toda a veciñanza da Estrada.
Este longo camiño percorrido continúase a través das medidas recollidas neste documento e coas que se busca erradicar a violencia machista e lograr unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
Tendo en conta este obxectivo, articuláronse unha serie de accións a levar a cabo nos vindeiros anos, e que están dividas en función de grandes áreas ou bloques nos que é preciso intervir. Estas accións ou medidas están pensadas para traballar dende tódolos eidos (educación, eido laboral, asociacionismo, etc.) o fomento da igualdade e, polo tanto, a prevención da violencia machista exercida sobre as mulleres polo feito de ser mulleres.
Descargar información completa.