O ciclo “Un cómico na aldea” de distribución cultural polo rural estradense péchase cun acumulado de 21 actuacións e preto de 1.000 espectadores

14 Novembro 2022


Un comico na aldea2

O pasado 24 de setembro botaba a andar na vila a primeira parte do ciclo de exhibición cultural Un cómico na aldea, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU. Unha iniciativa que pretende dar un impulso á dinamización da cultura ao longo do territorio coa ampliación e diversificación cultural nas áreas non urbanas, con cargo ao Plan de transformación, recuperación e resiliencia aprobado no ano 2021.

 


Feito un balance parcial desta primeira fase de actuación rematada o 31 de outubro, o resultado non puido ser máis positivo. No programa participaron 14 artistas para un total de 21 actuacións e preto de 1.000 espectadores acumulados. Unha media de máis de 40 espectadores por función que fala, ás claras, do éxito desta iniciativa.

 


A partir do mes de febreiro, porase en marcha unha segunda rolda de actuacións por outras 20 parroquias estradenses, cunha programación que pretende incluír, ademais, un roteiro cinematográfico polo Pazo de Oca e un roteiro literario polo Berres dos irmáns Valladares, evento que tivo que suspenderse en outubro por mor da choiva.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1