A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) e a Fundación Cultural da Estrada veñen de publicar as bases da oitava edición do premio de textos teatrais Varela Buxán, un premio de carácter bianual, que pon en valor a actividade dramatúrxica, ademais de contribuír a homenaxear ao patricarca do teatro galego, o estradense nacido en Lamas, Manuel Daniel Varela Buxán.
Poderán concorrer todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade con textos inéditos (nin publicados nin representados) escritos en lingua galega. A temática será libre e deberán presentarse antes do 30 de outubro.
O premio conta cunha dotación económica de 1.200 euros e a publicación da obra gañladora da man de Edicións Fervenza. O xurado estará presidido polo dramaturgo Santiago Cortegoso e dúas persoas, de recoñecido prestixio, pertencentes ao ámbito teatral galego.
O nome do gañador ou gañadora coñecerase a primeiros de decembro, e o premio será entregado a primeiros de ano, nun acto no que, tamén, se lle fará entrega a Fernando Epelde da publicación da obra gañadora da pasada edición.
+ infor: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou www.emae.aestrada.gal