O día 21 de xullo, saíron publicadas no BOP da Provincia de Pontevedra as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2021/2022. Estas axudas están dirixidas a familias en situación de dificultades socioeconómicas contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.
A finalidade da convocatoria de axudas de apoio á escolarización é establecer un réxime compensatorio de carácter xeral destinado a colectivos con carencias de carácter socioeconómico, para potenciar as condicións de igualdade no acceso ao ensino financiado con fondos públicos, e ós seus servizos, a tódalas/os nenas/os empadroados no termo municipal da Estrada, evitando desigualdades derivadas da situación económica e/ou social, e apoiando ás familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, así como promover a conciliación da vida familiar e laboral, evitar situacións de risco, asegurar unha nutrición axeitada e facilitar o rendemento escolar.
Adquisición de libros e material escolar: está dirixida a nenos/nenas matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil.
Servizo de comedor: está dirixido a nenos/as do segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.
O prazo para a súa presentación estará aberto dende o día 22/07/2021 ata o 10/09/21 (ambos incluídos)
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de A Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal) ou a través do Rexistro de Entrada do Concello en horario de atención ao público (de 09:00 a 14:00 horas).
Descargar anexos:
- Anexo I_ solicitude
- Anexo II_ declaración responsable
- Anexo III_ declaración de outras axudas
- Anexo IV.1_certificado ANPA
- Anexo IV.2_certificado CEIP
Ainda que o gasto evidentemente na maioría dos casos non está feito, pódese presentar a solicitude co resto da documentacion que se require nas bases e logo presentar a factura cando se realice o gasto.