A partir de mañá día 1 de xullo e ata o día 29 de xullo (ambos incluídos), abre o prazo para anotarse nos viaxes do imserso (temporada 21/22).
Os requisitos son os seguintes:
- As persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos do sistema de Seguridade Social español ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos ou máis anos de idade.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco anos cumpridos ou máis anos de idade.
- Españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países aos que emigrasen.
Lugar para anotarse: Departamento de Servizos Sociais e Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas; e pola sede electrónica do Concello da Estrada.
Prazo para anotarse: do 1 ao 29 de xullo de 2021 (ambos incluídos)
O criterio de selección de participantes será por número de rexisto de entrada.
Para aqueles que viaxen por primeira vez deberán presentar a seguinte documentación:
- Copia do NIF/ NIE da persoa solicitante.
- Copia do NIF/ NIE do cónxuxe, parella de feito ou unión estable e do/da fillo/a, no seu caso.
- Copia do título de familia numerosa, no seu caso.
- Acreditación da pensión e outros ingresos da persoa solicitante e, no seu caso, do cónxuxe, parella de feito ou unión estable.
- Copia do certificado de discapacidade da persoa solicitante e do/da fillo/a, no seu caso.
- Copia libro de familia
Modelos de solicitude que deberán presentar (Para aqueles que viaxen por primeira vez deberán cubrir as dúas solicitudes):