A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 13 anos.
DATAS E HORARIO: mes de xullo, agosto e ata o inicio do curso escolar. En horario de 8:00 a 15:00, de luns a venres.
PRAZAS: 20 rapaces/as por quincena.( agás no CEIP Pérez Viondi que son 30 prazas)
LUGAR DE CELEBRACION: instalacións dos CEIP de Oca, Foxo, Codeseda , Villar Paramá E Pérez Viondi
PRAZO DE INSCRICIÓN: do 9 ó 22 de xuño (ambos incluídos)
COTA DE INSCRICIÓN:
- O prezo será de 33€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto) e 23€ por participante durante os días do mes de setembro.
- O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (27,50€, xullo e agosto) sobre o prezo, e a partir do terceiro membro será gratuíto.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).
A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte:
- D.N.I do neno/a
- D.N.I do pai, nai ou titor
- Libro de familia
- Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cora á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia.
- Fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.
No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
- Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
- Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
- Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
- Familias con renda máis baixas (IPREM)
- Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.
- Orde de entrada das solicitudes.
Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.