O Concello da Estrada, organizará este mes de xuño a Festa da Bicicleta. Debido á situación actual, este ano o formato será dunha carreira virtual, mantendo o carácter lúdico, non competitivo e solidario de todas as edicións anteriores.
INFORMACIÓN XERAL
A participación nesta proba está aberta a todos e todas as participantes que así o desexen, xa que a formalización da inscrición é similar ao dunha proba convencional, pero coa descarga do teu dorsal na plataforma app de inscrición.
A Festa da Bicicleta celébrase durante un período de tempo, no cal os participantes deberán completar a proba. Unha vez finalizado o percorrido pode compartir a distancia realizada. Cada participante quedará rexistrado na app ca distancia percorrida.
PRAZO PARA REALIZAR A CARREIRA E PERCORRIDO
O prazo para completar a distancia da proba (5 quilómetros) será dende as 00:00 horas do sábado día 19 de xuño ata as 23:59 horas do mércores día 23 de xuño de 2021. Pasado o dito prazo non se poderán compartir resultados, aínda que a carreira se levase a cabo dentro do prazo establecido.
No momento de realizar a carreira, cada participante, deberá de completar a distancia na localización que desexe, escollendo o seu propio percorrido e cumprindo sempre coas limitacións de mobilidade e distancia de seguridade vixentes no momento da realización da proba,.
INSCRICIÓNS
O prazo para poder inscribirse e participar, abrirase ás 00:00 horas do venres día 11 de xuño de 2021. A inscrición será gratuita, e débese realizar na web www.emesports.es. O prazo de inscrición rematará o venres día 18 de xuño ás 18 horas. Cada corredor deberá descargar a aplicación RTS Virtual no seu smartphone, no momento da inscrición e recibirá no seu correo electrónico un código co que accederá aos servizos da aplicación, así como a un dorsal personalizado.
SORTEOS DE AGASALLOS
A organización da Festa a Bicicleta 2021, realizará 10 sorteos de agasallos (5 bicicletas, 3 cascos e 2 equipacións) por número de dorsal, entre todos os participantes rexistrados na app ca distancia percorrida.
PROCEDEMENTO COA APLICACIÓN NO SMARTPHONE
Antes do día 19 de xuño de 2021 pódese probar o funcionamento da APP tantas veces como desexe o/a participante. Non contarán para a carreira. Esta só se poderá realizar unha vez entre as 00:00 horas do sábado día 19 de xuño ata as 23:59 horas do mércores día 23 de xuño de 2021. A esa hora, o teu percorrido deberá estar finalizado. No momento que o participante acade a distancia esixida (5 quilómetros) publicaránse os datos na web do evento.
Cada participante participará baixo a súa enteira responsabilidade, aceptando todos os puntos deste regulamento polo feito de inscribirse, e eximindo de toda responsabilidade á organización, patrocinadores ou outras institucións participantes ante calquera accidente ou lesión que puidese sufrir antes, durante e/ou despois da proba deportiva
Os participantes renunciarán a adoptar accións legais en contra de calquera das devanditas entidades, autorizando a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e nome, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pagamento, compensación ou retribución algunha por este concepto, con carácter atemporal.
A organización resérvase o dereito de modificar ou suspender a proba, previo aviso, dependendo de causas de forza maior, motivadas ou non pola Covid19.