O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada informa de que, en resolución do 8 de marzo de 2021, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos niveis Celga 1,2,3 e 4.
1.-PERSOAS DESTINATARIAS
Persoas maiores de 16 anos ou os que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
2.-DATAS DE REALIZACIÓN
Terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria o permita.
3.-LUGAR DE REALIZACIÓN
Santiago de Compostela e Ponferrada.
4.-SOLICITUDES E PRAZO
As persoas que desexen inscribirse deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo 1, e aboar a taxa correspondente (16,59,00€). O dito formulario está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal
As solicitudes presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia antes do 13 de abril.
5.-DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
-Xustificante de pagamento da taxa
-Copia do certificado de discapacidade, se é o caso.
6.-PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ASPIRANTES
As listaxes provisionais de persoas admitidas publicaranse a través dunha resolución que se colgará na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
+infor: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210317/AnuncioG0598-090321-0003_gl.pdf