Tras a tramitación oportuna, no Pleno do Concello de A Estrada, en sesión celebrada o día 21 de Decembro de 2020, adoptou por unanimidade o seguinte acordo: a cesión gratuíta ao Arzobispado de Santiago de Compostela do ben inmoble: Finca 500 do polígono 4 destinada a masa común no sitio de Outeiro, parroquia de Ribeira, no Concello da Estrada. (Expte. 4348/2020).
De acordo co establecido no artigo 110 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986, sométese a información pública dos interesados polo prazo de 20 días, durante o cal se poderán presentar reclamacións e suxerencias e que serán resoltas polo mesmo órgano municipal.