A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 13.05.19, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións relativo á finca radicada na parte posterior da Estación de Autobuses de A Estrada ( ref. cat. 36017A104001130000RH ou rexistral núm. 60.854 ), asinado pola arquitecta, Dna. Beatriz Abel Pazos, de data setembro de 2018, presentado por Gas Galicia SDG, S.A. en formato dixital o día 19.12.18 ( r.e. núm. 10.761 ).