A Xunta de Goberno Local da Excma. Deputación de Pontevedra na súa sesión extraordinaria do día 4 de maio de 2020, concedeu a este concello unha subvención por importe de 195.542,86 €uros, ao abeiro do Plan Concellos2020, correspondente á liña 3: Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. (BOP n.º 1, do 02.01.2020).
O obxecto desta subvención é a contratación de 20 persoas desempregadas inscritas no Servizo público de emprego de Galicia, como demandantes non ocupados, nas seguintes ocupacións:
- Conserxe
- Oficial 1ª Fontaneiros/as
- Electricista (axudante)
- Oficial 1º Albaneis
- Peón forestal
- Peón de obras públicas
- Condutor/a camión
Descargar información completa.