Venres 13 ás 21.00 h / 5,00€ / Comedia + 14
Fabiolo Conection, Rafa Maza
SOLO FABIOLO GLAM SLAM
DÍA: Venres 13 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 70 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5.00 h (venda anticipada no departamento de Cultura)
SINOPSE: Pelo engominado a proba de bombas, máis cartos que neuronas, unha raqueta sempre ao ataque e un «qué pavo» saíndo da súa boca. o "pijo" Fabiolo de la Mora y Leja protagoniza a segunda parte do espectáculo do xenial Rafa Maza; un espectáculo para desconectar e non parar de rir. Variado, irreverente e politicamente incorrecto que que ten de todo: Improvisación, baile, malabares, imitacións, música e sobre todo... moita interacción co público.
Sábado 14 ás 12.30 h / 3,00€ / Infantil bebés
Nube nube sol, Teatro ao Cubo
NUBE NUBE SOL
Teatro ó Cubo
DÍA: Sábado 14 de marzo
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro infantil
DURACIÓN: 40 min
CATALOGACIÓN: 0-4
ENTRADA: 3.00 € (Aforo reducido. Venda anticipada no departamento de Cultura)
SINOPSE: As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ao amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe.
Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro ó cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.
Domingo 15 ás 18.30 h / 6,00€ / Musical infantil
O mundo máxico de Pinocho, Educa Teatro
O MUNDO MÁXICO DE PINOCHO
Educa Teatro
DÍA: Domingo 15 de marzo
HORA: 18.30 h
XÉNERO: Musical familiar
CATALOGACIÓN:Todos os públicos
DURACIÓN: 70 min
ENTRADA: 6,00€ (Concello e Tiko Doco)
SINOPSE: No mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.