Premio de Novela García Barros 2017 - 2019

 

2017 - XXIX Edición - 1º Premio

 

 

O xardineiro dos ingleses premio garcia barros2017

 

Marcos Calveiro

O XARDINEIRO DOS INGLESES
 
 

 

 

"O importante non é o que contas, senón como o fas, dicía eu sempre. E por iso estaba a piques de saltar a tapia e profanar aquel vello camposanto esquecido por case todos. Quen me ía dicir que remataría así, de vulgar ladrón de tumbas. E todo por causa das andrómenas que se me meteran no caletre, por aquel comechume que non me abandonaba dende había moito tempo. Pasaban uns minutos das sete da mañá e o abrente comezaba a albiscarse tras do monte Lobeira, espido de árbores e cos impúdicos rochedos á vista tras tantos veráns de incendios provocados".

 

 

2018 - XXX Edición - 1º Premio

 

 As Ramonas

 

Ana Cabaleiro

AS RAMONAS

 

"Van atravesando a Anllada, cara a Cuntis, de camiño a Caldas de Reis, que vén sendo o punto que marca, para as da comarca do Deza, a porta de entrada ao mar de Arousa. O día de hoxe tamén forma parte da tradición. O luns despois do San Xoán, porque en Saídres o San Xoán sempre cae con precisión milimétrica en sábado e domingo, van as tres á praia de cando era pequenas. Hoxe é o seu Día de Curmáns Otero”.

Mona leva o cranio partido en dous anacos. A dor aguda e punzante mantense cara ao lado esquerdo, e a dor xorda e sostida sitúase cara á dereita e vaille baixando polas cervicais. Mona, por ventura, non tivera San Xoán.

2019 - XXXI Edición - 1º Premio

   
 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1