Concello da Estrada

Cultura

Feros Sangiao, Nieves

Biografía

Naceu en Agar (A Estrada) no ano 1.943. Aquí traballou ata que chegou a ela a emigración, pasando anos en Alemaña. De volta púxose a traballar na súa verdadeira paixón: a cociña. Pasou uns anos cociñando na Residencia da 3ª idade da Estrada. A continuación pasou catro anos cocinando no Centro  de Discapacitados Psíquicos de Saiar. No ano 1.993 acadou o primeiro premio no  “Iº Concurso de receitas inéditas de Salmón”. Nos dous anos seguintes volveu a acadar o 1º e o 3º consecutivamente. Son numerosos os cursos impartidos para as máis variadas asociacións, colexios… e tamén traspasou o Atlántico para lles levar moitas das súas receitas, especialmente do Salmón, aos nosos emigrados venezolanos.

 

Ten  publicadas dúas obras. A primeira titulada O SALMÓN EN GALEGO. 100 maneiras de prepara-lo salmón (Ed. de Nieves Feros, 1.999 e 2.001) e posteriormente publicou A COCIÑA EN GALEGO (Ed. De Nieves Feros, 2.001) cunhas 160 receitas concernientes a todos os apartados culinarios.

Scroll al inicio
Ir al contenido