Concello da Estrada

Exposición pictórica de Teresa Bascuas

A pintora Teresa Bascuas inaugurará o domingo día 22 de setembro a exposición “Volver” na sala Abanca da Estrada. A exposición abrangue unha vintena de obras centradas en aspectos da tradición galega e arxentina. Motivos florais, maternidade, arquitectura e tradición… moitos son os motivos temáticos que presenta unha obra que será inaugurada o domingo 22 ás 19.00h. A exposición poderá visitarse ata o 28 de setembro en horarios de 10.00-12.00h e 18.00h-20.00h

Scroll ao inicio
Skip to content