Concello da Estrada

Cultura

PREMIOS GARCÍA BARROS 2003 - 2004

2004 – XVI Edición – 1º Premio

Autor: Xerardo Agra FoxoObra: Unha viaxe no Ford TAmor, viaxes e literatura debuxan o itinerario de «Unha viaxe no Ford T«, a novela coa que Xerardo AgraFoxo obtén o Premio García Barros 2004. O misterioso atractivo dunha muller, a forza sedutora da personalidade literaria de Ernest Hemingway e a incansable busca de horizontes novos levan o fotógrafo protagonista á descuberta dunha historia de amor oculta durante moito tempo. Narrada cunha prosa directa que conquista e atrapa, esta novela é a confirmación dun escritor de cerna.

Unha viaxe no Ford T forma parte, xunto co libro de relatos O triángulo de Óscar Wilde, publicado o ano pasado, e unha terceira obra que está a punto de saír ó mercado editorial, dunha triloxía na que a literatura, o amor e as viaxes son unha constante. En canto a O triángulo de Óscar Wilde, o mesmo componse de nove relatos tensos e vibrantes, que gardan no seu contido argumental espléndidos paralelismos coas contravertidas vidas de personaxes tan coñecidos como Virxinia Woolf, Vicent Van Gogh, James Joyce e Nora Barnacle.

Xerardo AgraFoxo e autor de máis de quince libros de investigación sobre o franquismo e a cultura dos castros galegos, o escritor ultima unha nova publicación, baixo o título Trinta anos de democracia.

2003 – XV Edición – 1º Premio

Autor: Xavier López LópezObra: A Vida que nos mata

A vida que nos mata e un apaixonante trhiller, unha novela de trama policial protagonizada por un xornalista e concibida cunha vontade de estilo posta ao servicio da narración. Destaca pola súa capacidade para captar o interese do lector e pola extraodinaria reacreacion de ambientes e personaxes da época na que se desenvolve : a burguesia industrial, a bohemia literaria e os medios de comunicación durante a Segunda República. O autor tensa maxistralmente a corda do suspense nunha historia trepidante que acaba por fascinar os lectores.A novela de Xabier López iniciase no balneario de Mondariz, onde se vai celebrar unha voda da alta sociedade da época. A partir dun dobre asasinato desátase unha cadea de acontecementos que han de levar a Sebastian Faraldo, xornalista obeso e sentimental, a intentar clarexar toda unha lea de intereses e paixóns ocultas. O protagonista percorrerá diferentes escenarios : en Madrid, os baixos fondos e os cafés literarios; en Bilbao vai topar co lado escuro da industria siderúrxica; en Pontevedra e Vigo terá que loitar contra a incomprensión e a intolerancia dos poderes públicos e da prensa.Xabier López ( Bergondo , 1974) é avogado. Publicou a súa primeira obra literaria, Biff, Bang, Pou! (Novela case negra) no ano 1997. Logo da boa acollida desta orixinal parodia do xénero detectivesco ateigada de referencias ó mundo do cinema, acadou unha especial repercusión critica coa novela Doctor Deus (1999), sitúandose entre os narradores galegos dos noventa que integran no seu discurso un afán de renovación e unha necesidade de se vencellaren á narrativa contemporanea universal. Posteriormente, con O caderno, obtivo o Premio Risco de Literatura Fantástica 2001 e, o ano seguinte o Lueiro Rey de Novela Curta con O mono no espello. Ademais, A estraña estrela, novela publicada por Editorial Galaxia no 2003, vai ser editada en portugues por Deriva Editores.

Scroll al inicio
Ir al contenido