Concello da Estrada

Cultura

Constenla Bergueiro, Gonzalo

Biografía

Naceu na Estrada no 1.965, onde cursou  o ensino primario e secundario. Na  Universidade de Santiago de Compostela realizou os estudos de Filoloxía Germánica, na rama de Filoloxía Inglesa.

 

Dende 1.990 é titular do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, nas que impartiu docencia en Ponferrada, Vigo e Pontevedra, e dende o ano 1.992 é profesor da Universidade de Vigo. Na actualidade  imparte docencia na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e  na Facultade de Filología e Tradución de Vigo, onde  tamén  desenvolve o seu labor investigador. Como tal, formou parte do equipo de investigación da Universidade   de Santiago de Compostela que elabora o  “   Diccionario manual  inglés-galego e galeso – inglés”,  financiado pola Xunta de Galicia e do grupo de investigación “   Literatura popular” da Universidade   de Vigo. Arestora é membro dos grupos  de investigación “ La  traducción literaria en España ( repertorio informatizado crítico- bibliográfico de las traducciones publicadas en España 1.940 – 2.002) da Universitad de Barcelona, e “ Biblioteca dixital da traducción literaria galega ( 1.980 – 2.005)”  da Universidade de Vigo, ambos os dous financiados polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Como investigador, presentou asemade diversos velatorios e comunicacións en diferentes congresos, simposios e seminarios.   Ten realizado estadías como investigador convidado nas Universidades de Kent (   Inglaterra), Cork (    Irlanda), Malta, País de Gales e Costa Rica, e como profesor convidado nas de Bochum ( Alemaña) e  Bruxelas ( Bélxica).

 

É membro do Concello de redacción de “   Viceversa. Revista galega de traducción”, e formou parte dos comités de organización de diversos congresos, simposios e seminarios.

No eido do asociacionismo de base, foi menbro das directivas da “    Asociación Cultural A Estrada”, “    Asociación Xuvenil Proxecto Zarabeto”, “    A Mesa pola Normalización Lingüística” ou a “    Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (    ADEGA)”. Dende o 1.995 é Concelleiro do Grupo Municipal do BNG, e desde o ano 2.000 portavoz do mesmo, na Corporación Municipal da Estrada.

 

A nivel individual publicou ANTOLOXÍA DO ENSAIO SOCIOLINGÜISTICO (   ASPG –A Nosa Terra, 1.996) e tamén é co-autor do DICCIONARIO DE SINÓNIMOS DA LINGUA GALEGA (   Galaxia, 1.997). Tamén son moi salientábeis os seus capítulos inseridos en  diferentes obras. Así temos: “   Unha proposta didáctica para o ensino da traducción do inglés” na HOMENAXE A RAMÓN LOURENZO (   Galaxia, 1.998); “   O ensaio sociolingüistico” en HISTORIA DA LITERATURA GALEGA (   ASPG – A Nosa Terra, 1.996); “   Cronología da historia contemporánea de Galiza” en TEMPOS DE SERMOS. GALICIA NOS SÉCULOS CONTEMPORÁNEOS (    Universidade de Vigo, 2.002); “    A situación do galego: do colonialismo á mundialización, Unha lectura política” en NACIONALISMO E GLOBALIZACIÓN: LINGUA, CULTURA E IDENTIDADE ( Universidade de Vigo, 2.003) e “ Introdución” en LINGUAS SEN ESTADO E PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA ( I): ITALIA E FRANCIA ( Universidade de Vigo,2.003).

 

Por outra parte, cómpre salientar varias traducións do inglés   ao galego. Así temos: EXPEDICIÓNS, EXPLOTADORES E PIONEIROS ( Edicións  Xerais de Galicia, 1.996): A GUERRA DOS MUNDOS ( Edicións Xerais de Galicia, 1.998); NA PROCURA DO EFÉMERO. O CORREO DA UNESCO ( UNESCO- Xunta de Galicia, 1.997) e EDUCACIÓN PARA TODOS. O CORREO DA UNESCO (   UNESCO-Xunta de Galicia, 2.000).

 

Asemade foi encargado da edición e coordinación de diferentes publicacións colectivas, como: CASTELAO. CO PENSAMENTO EN GALIZA. Actas do Congreso (    Concello de Pontevedra- ASPG-Universidade de Vigo, 2.001); TEMPOS DE SERMOS. GALICIA NOS SÉCULOS CONTEMPORÁNEOS (    Universidade de Vigo, 2.002); LINGUAS NON NORMALIZADAS. PRESENTE E FUTURO. Actas do Congreso Internacional (    ASPG-Universidade de Vigo, 2.002) e LENGUAS SEN ESTADO E PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA   ( I ) : ITALIA E FRANCIA ( Universidade de Vigo, 2.003).

 

Tamén son múltiples os seus artigos e reseñas en publicacións periódicas.

Obras

Diccionario de sinónimos da lingua galega

goncons-sinonimosAutor: Constenla Bergueiro, Gonzalo Xénero: Didáctico Editorial: Editorial Galaxia Páxinas: 831 Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-8288-134-5 Descripción: En colaboración con outros autores, elaboraron este dicionario que é resultado de máis de tres anos de traballo continuado, aínda que non exclusivo; pois o léxico é a parte máis inestable da lingua, suxeito aos cambios sociais nos que algunhas palabras desaparecen e deixan sitio a outras.

Dicionario de sinónimos da lingua galega

Autor: Constenla Bergueiro, Gonzalo Editorial: Editorial Galaxia Descripción: En colaboración con outros autores, elaboraron este dicionario que é resultado de máis de tres anos de traballo continuado, aínda que non exclusivo; pois o léxico é a parte máis inestable da lingua, suxeito aos cambios sociais nos que algunhas palabras desaparecen e deixan sitio a outras.

Ensaio Sociolinguístico

goncons-ensaiosocioAutor: Constenla Bergueiro, Gonzalo Xénero: Ensaio Editorial: A Nosa Terra Colección: A Nosa Literatura Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica goncons-ensaiosocio

Tempos de Sermos

temposdesermosAutor: Constenla Bergueiro, Gonzalo Xénero: Didáctico Editorial: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo Colección: Monografías da Universidade de Vigo. Humanidades e ciencias xurídico-sociais Páxinas: 360 Tamaño: x cms. Encuadernación: Rústica ISBN: 84-8158-217-4 Descripción: Galicia nos séculos contemporáneos.

Scroll al inicio
Ir al contenido