Concello da Estrada

Cultura

Cabada Vázquez, Xosé Manuel

Biografía

Naceu no lugar  de Barro, da parroquia de San Xurzo de Codeseda (   A Estrada) no ano 1.901. No ano 1.918 comezou os estudos no Seminario de Santiago de Compostela. Nesta primera etapa súa en Santiago fará estudos de Humanidades e Filosofía, ata  rematar o primeiro curso de Teoloxía. No ano 1.923 asistirá á V Asamblea das Irmandades da Fala. No curso1.922 – 23 deixou o Seminario. No ano 1.925 cumprirá  o seu Servicio militar en Pontevedra. No ano 1.927 voltará  ao Seminario e tamén será socio do “   Seminario de Estudios Galegos”.

No ano 1.929 sería nomeado profesor auxiliar da Universidade Pontificia de Santiago. No ano seguinte asistiu á VI Asemblea das Irmandades da Fala e tamén recibirá  a orde do diaconado. Este mesmo ano acadará o título de Mestre Nacional. No ano 1.931 será nomeado vocal de comité provisional da “    Agrupación Nazonalista” de Santiago. Neste mesmo ano licenciarase en Filosofía e Letras (   Sección de Historia). A finais de este ano participará na asamblea fundacional do Partido Galeguista en Pontevedra.

No ano 1.932 impartirá docencia en Vigo e asimismo será nomeado secretario de actas do “ Grupo Galeguista” de Vigo e pouco despois secretario de actas da 2ª Asamblea do Partido Galeguista de Santiago. No 1.933 marchará como profesor e director do Instituto Elemental de Medina de Rioseco (    Valladolid)   No ano seguinte será profesor do Instituto de Linares ( Jaén) e posteriormente Director.

Finou en Linares no ano 1.936. As súas cinzas serían trasladadas á súa parroquia natal de Codeseda no ano 1.962. No ano 2.001 o Exmo. Concello da Estrada adicou o ano Cultural na lembranza da súa figura.

Os seus primeiros versos en galego datan do ano 1.923. Comenzará a colaborar moi especialmente no xornal estradense “   El emigrado”, dirixido polo seu gran amigo Manuel García Barros. A súa obra poética en galego vease recompilada no Libro VAGALUMES (   Seminario Central de Santiago de Compostela, 1.931; Fillos e Amigos da Estrada, 1.989).Tamén entre os anos 1.929 e 30 realizou, por encargo de Ángel Amor Ruibal, a tradución do “   Catecismo” do P. Astete.

Scroll al inicio
Ir al contenido