Concello da Estrada

Certame de outono de corais

Certame de outono de corais Coral Polifónica Estradense DATA: 19-10-2024 (20.30h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Concerto de música coralDURACIÓN: 60 minPÚBLICO: Todos os públicosENTRADA: De balde (con retirada previa de invitación) SINOPSE:  Como xa é habitual, a Coral Polifónica Estradense saúda a chegada do outono cun concerto de música coral no que estará acompañado pola Coral Polifónica de Monforte. Un certame composto por habaneras e canción moderna. Doce pezas destinadas aos moitos afeccionados da nosa vila ao canto coral.

War baby – Yllana

War baby – Yllana   DATA: 18-10-2024 (21.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Comedia xestualDURACIÓN: 80 minPÚBLICO: +12 anosENTRADA: 10,00€ SINOPSE:  Dirixida por David Ottone e Joe O´Curneen, WAR BABY trasládanos a un centro de recrutamento militar no que un grupo de despistados recrutas é adestrado para unha disparatada guerra que provocou o novo líder do país, que resulta ser un bebé consentido e belicoso. Unha restra de personaxes divertidísimos e una interminable morea de situacións disparatadas ao redor da temática da guerra e o poder serán a base desta sátira antibelicista de Yllana. Unha proposta que nos convida a reflexionar a través das gargalladas.

Unidade Móbil – Doazón Sangue

Unidade Móbil – Doazón Sangue   O venres 25 de outubro das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 26 de outubro das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

Curso de capacitación dixital

Curso de capacitación dixital CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL DE NIVEL INTERMEDIODIAS: LUNS, MÉRCORES E XOVESHORARIO: 16:30H A 20:15HHORAS DO CURSO: 30 HORAS(ESTABLECIDO POLO I.E.S. ANTÓN LOSADA DIEGUEZ) PARA ANOTARSE DEBERÁN ACUDIR AO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE A ESTRADA DE MANEIRA PRESENCIAL Descargar ficha inscrición.

Joan Estrader comanda o novo proxecto da EMAE

Joan Estrader comanda o novo proxecto da EMAE Este xoves día 3 anunciouse en rolda de prensa o proxecto pedagóxico que, da man do director catalán Joan Estrader, a EMAE vén traballando dende días atrás. Un proxecto interpretado por Fran Campos, Ademar Silvoso, Fina Raposo e Arturo Cobas “Nono” centrado no xénero do clown e do humor absurdo e que ten a Galicia coma eixo temático. Hoxe xoves, ás 20.30h, o elenco confrontará co público un primeiro pase do espectáculo que será estreado definitivamente a primeiros do 2025.

“6 coreógrafas”

“6 coreógrafas”  SECCIÓN ESPECTÁCULOS Este vindeiro sábado día 5 de outubro terá lugar a cuarta edición do festival de danza e artes do movemento 6 Coreógrafas coa seguinte programación. 18.30h Intempestiva (CÍA ELAHOOD)18.50h Mesura (Raquel Ferradás)19.10h Minguantes (La Guajira)19.45h Dance Join (Marta Alonso) Os espectáculos están previstos na Alameda municipal. No caso de choiva, os tres primeiros desenvolveranse na aula de danza do Novo Mercado e o último no Teatro Principal. SECCIÓN OBRADOIROS 10.00h-11.00h / 7-12 anos:  Obradoiro de waacking Danza Club a cargo de Elahood (Alameda municipal ou sala Mome no caso de choiva) 11.00h-12.00h / 12-18 anos: Obradoiro de waacking Danza Club a cargo de Elahood (Alameda municipal ou sala Mome no caso de choiva) 13.00h-14.00h / a partir de 18 anos: Obradoiro Discoteca de señoras sesión vermú impartido por Marta Tejada (Praza Novo Mercado ou aula do Novo Mercado en caso de choiva)

Meloncolía

Meloncolía MELONCOLÍAJoan EstraderDATA: 04-10-2024 (21.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: ComediaDURACIÓN: 50 minPÚBLICO: +12 anosENTRADA: 5,00€ (capacidade da sala reducida) SINOPSE: É este un espectáculo surrealista cargado de xogos de palabras que agochan una profunda e entrañable melancolía. O humor de Joan Estrader non coñece de modas nin de tópicos. É un agasallo cheo de talento que sitúa ao espectador entre o sorriso e a certeza de que detrás da súa aparente inxenuidade, reloce una grandeza e unha tenrura que nos reconcilia coa nosa propia humanidade. Falamos de teatro do bo. Do que deixa un pouso no corazón que non se esvae tras a volta á casa.

Solicitude participación estudio Gas Radón

Solicitude participación estudio Gas Radón Formulario para a participación no estudio sobre gas radón nas vivendas do Concello da Estrada. Descargar solicitude (.odt) Descargar solicitude (.doc) Unha vez cuberto e asinado debe ser enviado por rexistro de entrada, ben de xeito presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica https://aestrada.sedelectronica.gal

Concello da Estrada imparte clases extraescolares en competencias dixitais (totalmente gratuito)

Concello da Estrada imparte clases extraescolares en competencias dixitais (totalmente gratuito) Desde a concellería de Xuventude do Concello da Estrada e a través de Cibervoluntarios e coa financiación do Ministerio de Xuventude, poñemos en marcha para o curso académico 2024-2025 un CAMPAMENTO DIXITAL, cuia finalidade é formar á nosa xuventude en competencias dixitais, algo absolutamente básico na actual sociedade na que vivimos e necesario para acceder no futuro ao mercado laboral, e á súa vez, favorecer a conciliación das familias estradenses, sen necesidade de que teñan que incurrir nun gasto extra. O campamento dixital é unha actividade que será TOTALMENTE GRATUÍTA para os seus participantes e da que se poderán beneficar nenos e nenas desde os 9 ata os 17 anos. Cada alumno/a terá un crédito horario total de 30 horas que se distribuirá en sesións de 2 horas diarias durante dous días á semana, é dicir, 7 semanas. As sesión terán lugar na aula Cemit da Fundación Cultural da Estrada. En cada sesión o alumnado participante irá adquirindo novas competencias para utilizar internet e as ferramentas dixitais de xeito creativo, útil e responsable. Os contidos das actividades axustaranse á idade das persoas participantes que se agruparán en dous grupos de traballoao frente do cal estarán varios docentes. Os campamentos darán comezo os 14 e 15 de outubro; un grupo comprenderá o alumnado de 9 a 13 anos e o outro grupo será o que comprenda aos alumnos/as de entre 14 a 17 anos: Curso: Campamento dixital L2 con Concello de A Estrada Línea de acción: L2 (14-17 anos) Programación: Todos os luns e xoves do 14 de outubro ao 2 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas Modalidade: Presencial Curso:Campamento dixital – L 1.1 + L1.2 con Concello de A Estrada Línea de acción: L1.1 (9-11 anos) + L1.2 (12-13 anos) Programación: Todos os mércores e venres do 16 de outubro ao 3 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas Modalidade: Presencial Ao finalizar o campamento, cada alumno recibirá un certificado DigComp de aproveitamento. O campamento manterase ao longo de todo o curso escolar, se ben, as persoas participantes só poden facelo unha vez. Con esta actividade, xunto con moitas outras que nas que xa estamos a traballar, desde a concellería de xunventude queremos mostrar o total compromiso que o Concello da Estrada ten coa nosa mocidade, sendo o piar principal e de futuro do noso pobo. O prazo de inscrición ábrese este martes, 24 de setembro e permanecerá aberto ao longo de todo o curso, se ben, as prazas iranse asignando por riguroso orde de inscrición. INSCRICIÓNS: As persoas interesadas inscribiranse a través do enderezo electrónico: aedl@aestrada.gal No contido da mensaxe debes facer constar: NOME E APELIDOS DO/A MENOR DATA DE NACEMENTO DATOS DE CONTACTO DO TITOR/A

Scroll ao inicio
Skip to content