Concello da Estrada

As tradicionais feiras de Noiteboa e Fin de Ano regresan á Estrada xunto cun mercado de produtos locais

O Concello da Estrada anuncia o regreso, un ano máis das feiras de Noiteboa e Fin de Ano, que se celebrarán como é costume os días 24 e 31 de decembro respectivamente.

As citas complementarán os dous mercados semanais ordinarios e celebraranse de xeito simultáneo, tanto na praza da Feira como na do Mercado. Para ambas foron convocados tanto os feirantes como as pulpeiras que acoden frecuentemente ás feiras ordinarias. Ademais tanto o día 24 o 31 a praza de Abastos estará aberta.

Outro dos atractivos residirá na celebración dun Mercado Extraordinario de produtos locais que terá lugar tanto os días 23 e 24 de decembro no Novo Mercado e contará coa participación de 12 produtores locais dados de alta na Estrada; Froitas e Hortalizas Rio Ulla SAT; Horta Peregrina; Flávia Horta da Casa, Sidra Peroja; Biofruit Galicia, Ovos de Remesar; Apícola Cañedo Mel; O Mel de Brea; Leite Ulla; Pelegrinas; Rebullidoiro Granxa Eco; e As Besadas.

O edil, Gonzalo Louzao, explica que con esta medida “buscamos darlle continuidade a dúas citas tan tradicionais como o son as feiras de Noiteboa e Fin de Ano, ampliando a oferta de mercados xunto coas feiras ordinarias, ofrecéndolle tanto á veciñanza como aos visitantes unha alternativa de lecer nestas datas”. Ademais, en relación ao mercado de produtos locais, Louzao sinala que “buscamos incentivar o consumo de produtos da contorna e dar apoio aos profesionais a través de ofrecerlle un espazo no que poidan comerciar cunhas materias de primeira calidade, con selo estradense e de quilómetro cero, destacando o espazo de celebración como un punto de referencia do produto local de calidade, moi propio para estas datas”.

Scroll ao inicio
Skip to content